O Concello profundiza na acción ambiental de VigoZoo e ultima unha cabana nunha árbore
O alcalde presentou este luns os novos proxectos do recinto vigués da Madroa, cada vez máis orientado á educación social e ambiental. VigoZoo ultima unha cabana de madeira de 20 metros cadrados nunha árbore, na que se poderá pernoctar, como parte das actividades educativas ofertadas para os máis pequenos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, e o edil de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, visitaron este luns VigoZoo para presentar as novas propostas municipais para o recinto da Madroa, orientadas á educación social e ambiental.
Singularmente destacou o rexedor vigués a nova casa da árbore de VigoZoo, a punto de concluirse, que será empregada para actividades educativas, sumándose ás 60 prazas do albergue xa operativo. Está fabricada en madeira, con máis de 20 metros cadrados, a máis de 6 metros de altura e con capacidade para dez nenos, segundo explicou Caballero ante os medios de comunicación, poidéndose incluso pernoctar sempre baixo a titorización dun monitor.
Caballero salientou que VigoZoo está adoptando unha "nova visión de preservación medioambiental", alonxada dos tradicionais zoolóxicose que abrangue o coidado, mantemento e refuxio dos animais. A casa da árbore, indicou, profundiza neste aspecto ambiental, servindo como un novo espazo no que realizar actividades educativas.
Ademáis, o alcalde visitou a nova exposición temática permanente sobre aves e ovos do territorio, con reproduccións a tamaño real dos ovos máis grandes do mundo, complementado cun segundo panel con ovos diversos en canto á procedencia e orixe. O espazo municipal habilitou ademais unha zona de incubación para que os máis pequenos poidan ver en directo o proceso de nacemento dos poliños de distintas especies de aves.
Os representantes do goberno local coñeceron tamén o novo invernadoiro, deseñado para aumentar as prestacións do actual e empregado polos voluntarios do programa municipal de hortos urbanos. Caballero tamén referiuse á renovada instalación de primates, habitada agora por sete lemures de cola anelada, naturais de Madagascar.
Descargar todas as imaxes