Escoitar

O goberno local comezará en xaneiro as humanizacións da rúa Gerona e Gregorio Espino

O alcalde deu conta da adxudicación o pasado venres dos traballos de mellora das primeiras fases das rúas Gerona, Gregorio Espino, Pazos Entronque, a terceira fase de Aragón e do remate das obras do Mercado de O Progreso. Tal e como lembrou o rexedor, nun so día aprobouse un investimento superior ao millón e medio de euros.

luns, 29 dec 2014
1419860214alcalde2.jpg
O goberno local adxudicou definitivamente os traballos de mellora das primeiras fases rúa Gerona (desde Gran Vía a Alfonso X) e Gregorio Espino, cun orzamento de 250.000 euros e 271.000 euros, respectivamente. Cun prazo de execu ción aproximado de 4 meses, renovaránse beirarrúas e servizos soterrados, ademais de mellorar a seguridade vial. Caballero precisou en rolda de prensa que só o venres 26 de decembro, a Xunta de Goberno Local -en sesión extraordinaria- aprobou investimentos por valor superior ao millón e medio de euros o que supón a xeración de centos de empregos.

O goberno municipal tamén deu luz verde á adxudicación provisional das humanizacións das rúas Pazos Entronque, a terceira fase da rúa Aragón e das obras de remate do Mercado de O Progreso. Cun orzamento de 830.000 euros e un prazo de execución de 4 meses, acometeránse traballos de accesibilidade, remate de instalacións e pavimentos e a desmotanxe do mercado provisional.
Descargar todas as imaxes