O goberno de Vigo colaborará en 2015 con Érguete na organización do 30 aniversario da Fundación
O Concello de Vigo cooperará con Érguete na organización do seu 30 aniversario que celebrará en 2015. O alcalde reitierou a "importante" labor desta Fundación na loita contra a droga e na rehabilitación de toxicómanos.
O alcalde de Vigo amosou esta mañá a súa vontade de cooperar co 30 aniversario da Fundación Érguete que se celebrará o ano 2015. Reiterou a "importante" labor desta entidade na loita contra a droga e na rehabilitación de enfermos, ao tempo que resaltou o "significativo" número de proxectos nos que xa colaboran esta entidade e o Concello. Caballero lembrou en rolda de prensa que "sempre estaremos ao lado da Fundación", da súa labor a favor da rehabilitación e lembrando as vítimas da praga que foi a droga durante os anos 80.
Descargar todas as imaxes