O Concello investirá 230.000 euros na recuperación artística dunha veintena de medianeiras na cidade
A partir da próxima semana as comunidades de veciños interesadas en mellorar artísticamente unha medianeira do seu edificio deberán poñerse en contacto co Concello para participar no plan para mellorar paramentos exteriores que ven de aprobar o goberno local. Concretamente, deuse luz verde a un investimento de 230.000 euros que servirán para embelecer unha veintena de medianeiras nesta primeira fase, tal e como explicou o rexedor.
O goberno local deu luz verde ao programa para mellorar medianeiras e outros elementos verticais con incidencias na vía pública, dotado con 230.000 euros. A proposta pasa por embelecer con murais zonas visibles da cidade, "nunha nova forma de humanizar e de combater o feísmo", explicou o rexedor. Segundo detallou, a proposta aprobada hoxe venres na Xunta de Goberno local prevé que na fase de execución se realicen simultáneamente na rúa actividades como obradoiros de pintura -tanto para nenos como para adultos-, performances ou proxeccións sobre tratamentos de medianeiras noutras cidades...co fin, dixo, de transformar a rehabilitación da medianeira nun evento social que servirá ademais para revitalizar o comercio. O orzamento previsto para esta primeira tanda, 230.000 euros, servirá para mellorar entre 15 e 20 medianeiras pero, tal e como avanzou o rexedor, as próximas contas municipais incluirán unha nova partida para proseguir co programa.
Durante a actuación preparatoria, seleccionáronse os espazos e os artistas que serán elexidos pola Concellería de Patrimonio Histórico e Urbanismo, previo asesoramento dunha comisión técnica creada ao efecto.
Aparcamento
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o anteproxecto de explotación e anteproxecto de reforma e acondicionamento do aparcadoiro da Praza de Portugal, un documento que permancerá un mes en exposición pública antes de saír a concurso. Segundo explicou Caballero, a empresa adxudicataria terá que aboar un canon anual de 112.000 euros ademais de acometer obras de reparación e mellora por valor superior a un millón de euros.
Pola súa banda, na Xerencia de Urbanismo aprobáronse 12 licenzas de obra e 2 de actividade para un investimento de 1,3 millóns de euros.