venres, 16 xan 2015
Tras unha reunión con médicos de urxencias do Meixoeiro, Abel Caballero indicou que a situación é "caótica e catastrófica" (con esperas nos pasillos de ata 9 horas), segundo afirman os propios facultativos, que están "preocupadísimos" pola "desatención da Xunta de Galicia". O rexedor reclama "con toda contundencia" que "Feijóo atenda ás urxencias e á sanidade desta cidade" e anuncia unha comparecencia do colectivo no próximo Pleno.
venres, 16 xan 2015
Abel Caballero avanzou esta mañá o Concello dispón xa de 2,5 millóns para expropiar os terreos nos que se vai construír a Cidade da Xustiza. Así o explicou esta mañá, logo de que na Xerencia de Urbanismo se adxudicaran outros dous pisos máis de República Arxentina, por un importe de 339.000 euros.
venres, 16 xan 2015
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres aprobou os últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, e de acondicionamento do mercado do Progreso, unha reforma que concluirá en 3 meses e na que o Concello investirá outros 830.000 euros, segundo afirmou Abel Caballero.
venres, 16 xan 2015
Primeiro programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública e demais espazos libres que conformen a paisaxe urbana.Poden presentar propostas as persoas propietarias, asociacións veciñais, culturais, sociais, sociedades e, en xeral, calquera persoa interesada.