O goberno local ultima o inicio da rehabilitación da Casa do Patín e da finalización do mercado do Progreso
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres aprobou os últimos trámites administrativos previos ao inicio das obras de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, e de acondicionamento do mercado do Progreso, unha reforma que concluirá en 3 meses e na que o Concello investirá outros 830.000 euros, segundo afirmou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres dos principais asuntos abordados na Xunta de Goberno Local desta mañá, entre os que destacou a aprobación dos últimos trámites administrativos previos ao inicio dos traballos de rehabilitación da Casa do Patín e da última fase da reforma do mercado do Progreso.
Segundo explicou, o goberno de Vigo deu o seu visto bo ao nomeamento de dirección facultativa e do coordinador de seguridade e saúde para as obras de acondicionamento do mercado do Progreso, traballos para os que o Concello investirá algo máis de 830.000 euros e presentan un prazo de execución estimada en 3 meses. Con esta última fase, o equipo encabezado por Caballero concluirá a reforma integral deste céntrico espazo comercial.
Por outra banda, o inicio dos traballos de rehabilitación da Casa do Patín, en Bouzas, están máis preto tras a aprobación esta mañá dos plans de seguridade, saúde, control de calidade e xestión de residuos. O goberno local adicará máis de 385.000 euros a reformar o inmoble "histórico" da cidade, que albergará un novo uso de carácter sociocultural. O prazo estimado de obras ascende a 5 meses.