Caballero súmase á demanda dos profesionais e pide á Xunta máis persoal na sanidade viguesa
O alcalde mantivo este xoves unha reunión con auxiliares de clínica de enfermería, que ven con "gran preocupación", segundo trasladou posteriormente Caballero, que o SERGAS convoque 62 prazas para toda Galicia cando, so na área de Vigo, traballan como interinas unhas 200 profesionais.
O alcalde de Vigo ve unha "ridiculez" as 62 prazas convocadas polo SERGAS para toda Galicia cando, só na área viguesa, traballan como interinas unhas 200 profesionais de auxiliares de clínica de enfermería -tal e como trasladaron representantes do colectivo a Caballero esta mañá- e demandou á Xunta de Galicia que "reaccione" e dote á sanidade pública viguesa de máis persoal.
O rexedor afirmou que as auxiliares afectadas son fundamentalmente mulleres que levan traballando na sanidade pública viguesa entre 5 e 12 anos en réxime de interinas e "reclaman a súa oposición para ocupar a súa praza".
Abel Caballero denunciou que "a ausencia de persoal está a provocar este grave dano que está habendo na sanidade desta cidade" e non aprecia "ningunha motivación na Xunta de Galicia" para "resolver o problema".