Escoitar

O Concello da luz verde aos últimos trámites para dar comezo "inmediato" á reforma de Balaídos

A Xunta de Goberno local aprobou o nomeamento da dirección facultativa da primera fase das obras de consolidación estructutral no Estadio de Balaídos, cun orzamento de 1,6 millóns e un prazo de execución de 4 meses. O goberno local aprobou tamén os últimos trámites para iniciar de xeito inmediato as obras da terceira fase da rúa Camelias.

mércores, 14 xan 2015
O alcalde, que mantivo esta mañá un encontro co presidente do Celta, Carlos Mouriño, deu conta do inmediato comezo dos traballos de rehabilitación do Estadio Municipal de Balaídos, unha vez que a Xunta de Goberno Local deu luz verde ao nomeamento da dirección facultativa da primera fase das obras de consolidación estructural do recinto, enfocadas, sobre todo, á seguridade no estadio. Cun orzamento de 1,6 millóns e un prazo de execución de 4 meses, estas obras forman parte dun proxecto diseñado polo Concello que abarca a renovación integral do estadio: grada de Río, Tribuna, Preferente e dúas novas gradas en Marcador e Gol. De feito, explicou o rexedor, xa está aprobado o proxecto da segunda fase da grada de Río, cun importe de 2,5 millóns e un prazo de execución de 6 meses.

Na mesma Xunta de Goberno extraordinaria tamén se aprobou o plan de seguridade e saúde da terceira fase da humanización da Avenida das Camelias, no tramo que vai entre a Praza de América á de Independencia. Cun orzamento de 1,8 millóns e un prazo de execución de 6 meses, os traballos arrancarán de xeito inmediato, mentres que no verán, avanzou, se iniciará a cuarta fase, que chegará ata o Concello.

Tal e como detallou o rexedor, tamén se deu luz verde aos últimos trámites administrativos para arrancar coas seguintes humanizacións que rematarán en tres meses: Alonso Ojeda, en Teis, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, ademais da execución de beirarrúas en Saa-Beade.