Caballero salienta que con Doctor Canoa xa son máis de 500 as rúas humanizadas nos últimos anos
O goberno local humanizou nos últimos sete anos máis de 500 rúas, entre as que se atopa Doutor Canoa, cun orzamento de 230.000 euros para unha actuación de máis de 300 m. Segundo resaltou o rexedor, estas obras permitiron crear moitos empegos na cidade, ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños.
Caballero detallou hoxe martes que o orzamento das obras de Doutor Canoa , cunha lonxitude de 300 metros, ascenderon a 230.000 euros nunha zona "tradicionalmente abandonada" por outros gobernos. Logo de suspender a visita á rúa polas condicións climatolóxicas, o rexedor explicou en rolda de prensa que se instalaron elementos de eficiencia enerxética como a renovación do sistema de alumeado e de tuberías de abastecemento, saneamento e pluviais, ademais de colocar bocas de rego, dous hidrantes e novo mobiliario urbano. Segundo dixo, con Doctor Canoa, xa son máis de 500 as renovadas polo goberno local durante estes sete anos, atendendo o rural, o periurbano e o centro da cidade. Neste punto, tamén fixo fincapé nos postos de traballo que xeran os investimentos públicos.