Escoitar

Unha sentencia do Tribunal Supremo avala a legalidade do Plan Xeral de Vigo

O alcalde informou este martes dun novo fallo xudicial relativo ao PXOM vigués, desta volta do Tribunal Supremo, favorable aos intereses do Concello. A Sala fallou en contra do demandante, que solicitaba a anulación do Plan en vigor, e Abel Caballero amousou a súa satisfacción por un novo respaldo xudicial á legalidade do planeamento vigués.

martes, 13 xan 2015
1421153826alcalde6.jpg
Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, un fallo do Tribunal Supremo desestimou un recurso de casación interpuesto solicitando a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, en vigor desde 2008, avalando polo tanto a súa legalidade.

Os demandantes argumentaban que un documento aprobado polo goberno anterior, encabezado por Corina Porro, tiña a validez definitiva polo mecanismo do silencio administrativo positivo e por tanto o actual tería que ser anulado. Tal e como indicou Caballero, o Tribunal Supremo entende que non pode falarse de aprobación por silencio administrativo xa que, desde a chegada do alcalde no 2007, asegurou, "non existiu ningún tipo de inactividade formal no trámite de aprobación definitiva", afirma o texto, e pola contra "produciuse unha reiterada actuación tendente ao cumprimento dos requisitos e documentos necesarios para que a mesma se produza".
Descargar todas as imaxes