O alcalde traslada o recoñecemento da cidade ao decano saínte do Colexio de Avogados de Vigo
Abel Caballero mantivo este martes unha entrevista con Alfonso Álvarez Gándara, hoxe decano en funcións do Colexio de Avogados de Vigo, un "recoñecemento" da cidade ao seu traballo e "bo facer" na entidade, sempre en defensa do colectivo profesional e "do interese da cidade" de Vigo, salientou o rexedor.