luns, 12 xan 2015
O Concello de Vigo decidiu conservar o axardinamento instalado no centro da cidade por mor do Nadal. Abel Caballero explicou este luns que permanecen as zonas verdes da farola de Urzáiz, das inmediacións do MARCO e da Portal do Sol, onde haberá olivos no lugar dos abetos. Parte do alumeado seguirá instalado ata o Entroido.
luns, 12 xan 2015
Promovida polo banco SabadellGallego coa colaboración do goberno de Vigo, a iniciativa tiña como obxectivo impulsar o comercio de proximidade e contou coa adhesión de 600 establecementos e a participación de 55.000 persoas. Responsables da entidade e o alcalde, Abel Caballero, participaron na entrega de 3.000 euros á gañadora do sorteo, para gastalos no comercio local.
luns, 12 xan 2015
Apenas dous días despois de anunciar a implantación de herba artificial no campo de O Carballal, o rexedor incorporou o campo de San Roque á partida económica que permitirá acometer estes traballos de mellora nos próximos orzamentos municipais. Así llo avanzou hoxe luns aos directivos do Clube de Fútbol Colegio Hogar cos que mantivo un encontro na Alcaldía.