Escoitar

O Concello abrirá en Navia unha oficina descentralizada municipal e unha sala de lectura

Abel Caballero informou hoxe luns de que o goberno que preside ultima a apertura dunha oficina municipal descentralizada na rúa Teixugueiras, á altura do número 25, que permitirá facer trámites municipais e acollerá unha sala de lectura. A finais de marzo ou principios de abril poderá estar en funcionamento, segundo estimou o rexedor.

luns, 12 xan 2015
O alcalde explicou que o goberno local está a realizar actualmente o acondicionamento do local para que poida estar operativo "a finais de marzo ou principios de abril". Segundo indicou, esta oficina descentralizada do Concello permitirá facer trámites municipais aos veciños e incluirá un ámbito cultural, cunha sala de lectura-biblioteca.