O goberno local aprobará o venres a creación dunha bolsa de emprego de interinos
Abel Caballero informou este mércores de que a Xunta de Goberno Local do próximo venres aprobará a convocatoria dunha bolsa de emprego para nomear persoal interino no Concello por un prazo de 6 meses. Os que resulten contratados desenvolverán tarefas de carácter administrativo e social, segundo apuntou o alcalde.
O rexedor vigués explicou que se agotou a lista de persoal conformada polos opositores que non conseguiron praza e, polo tanto, o goberno de Vigo elaborará unha bolsa de emprego coa que poder contratar persoal interino, por un prazo de seis meses, para funcións administrativas e sociais.
Caballero adiantou que na sesión do próximo venres da Xunta de Goberno Local quedará aprobada esta convocatoria, coa que o Concello procura "seguir mantendo os niveis de persoal necesarios" na administración local.