O goberno de Vigo remitirá a Fomento unha proposta de humanización da Avenida de Madrid
O alcalde informou este xoves do escrito remitido polo Ministerio rexeitando trasladar ao Concello a titularidade da Avenida de Madrid e os fondos que corresponden, segundo a propia normativa de Fomento. Caballero avanzou que remitirá ao departamento que dirixe Ana Pastor unha proposta para que reforme o principal acceso á cidade de Vigo.
Abel Caballero informou estes xoves da recepción dunha carta do secretario de Estado de Infraestruturas, Julio Gómez-Pomar, rexeitando a solicitude viguesa de trasladar ao Concello a titularidade da Avenida de Madrid así como os fondos económicos que corresponden, segundo a propia normativa do Ministerio de Fomento.
Ante os medios, o alcalde indicou que Fomento propón transferila pero sen partida orzamentaria, estimada nuns 4 millóns de euros, ao que tería que renunciar explícitamente o Concello de Vigo. "Non imos renunciar nunca ao diñeiro que o Ministerio de Fomento tería que darlle á cidade" coa transferencia da titularidade, asegurou Caballero, quen recordou que a partida económica é un "dereito" que recolle "as normas do Ministerio de Fomento".
Abel Caballero apuntou que o escrito recibido asegura que o Ministerio de Fomento vai mellorar a Avenida de Madrid, sen detallar "cando, como nin de qué forma", polo que o rexedor remitirá unha proposta de humanización do vial para que o departamento que dirixe Ana Pastor reforme a principal entrada da cidade.