Escoitar

O goberno de Vigo inicia a humanización da rúa Rosalía de Castro por 1,3 millóns de euros

Abel Caballero participou hoxe venres no acto de colocación da primeira pedra das obras de humanización de Rosalía de Castro, entre o treito que vai de República Argentina a Canceleiro. Os traballos de mellora, que contan cun orzamento de 1,3 millóns, van prolongarse durante cinco meses.

venres, 16 xan 2015
1421425142rosalia.JPG
O goberno de Vigo invistirá 1,3 millóns de euros en humanizar a primeira fase da rúa Rosalía de Castro -treito entre Inés Pérez de Ceta e Canceleiro-. Segundo explicou o rexedor, son case medio quilómetro de actuación dos que practicamente a metade serán para novas beirarrúas de pedra. A reforma prevista renovará 2,5 quilómetros de canalizacións soterradas, incluirá 120 novos puntos de luz, xardineiras en rotondas e medianas e sinalización luminosa no pavimento dos edificios emblemáticos.

Cun prazo de execución de 5 meses, a humanización suporá que entre República Argentina e Oporto, haberá dous carrís de circulación por sentido, unha medianeira vexetal e aparcamento en liña a ambos lados. Tal e como precisou o rexedor, entre a rúa Oporto e Canceleiro, haberá un carril de circulación por sentido, aparcamento en batería ambos lados, ademais dunha medianeira vexetal de separación.
Descargar todas as imaxes