Escoitar

Ábrese o prazo dun mes para a petición de actuacións en medianeiras, muros e desmais espazos libres que conformen a paisaxe urbana

Primeiro programa para arrumbar medianeiras e outros elementos verticais con incidencia sobre a vía pública e demais espazos libres que conformen a paisaxe urbana.Poden presentar propostas as persoas propietarias, asociacións veciñais, culturais, sociais, sociedades e, en xeral, calquera persoa interesada.

venres, 16 xan 2015
Cando as propostas veñan subscritas polas persoas propietarias dos inmobles deberán xuntar título de propiedade e autorización da comunidade de propietarios que se inclúe como ANEXO I.

Durante este mesmo prazo, as institucións educativas interesadas en participar no programa, colexios e institutos, achegarán solicitude de participación que se relaciona como ANEXO II.

Os artistas ou grupos de artistas relacionados coa creación artística contemporánea local, interesados en participar no Programa, poderán achegar en calquera momento xustificación da súa traxectoria profesional.

As bases do programa, nas que se atopan os anexos referidos, poden ser consultadas na web municipal www.vigo.org.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir da data da publicación deste anuncio.

As propostas irán dirixidas á Concellería de Urbanismo e Patrimonio Histórico, Casa do Concello, Praza do Rei, 1, 36202 VIGO

Máis información