Escoitar

O Atlante Wine Forum reúne en Vigo á elite mundial do viño o próximo 18 de abril<br /> <br />

A cidade será o punto de encontro, traballo e debate de profesionais do sector vitivinícola de prestixio internacional que a través de relatorios e obradoiros abordarán abordarán o presente e o futuro deste campo. A concelleira de Turismo, Laura Iglesias, e o director do Instituto Galego do Viño, Xoán Cannas, presentaron as actividades do foro este luns en rolda de prensa.

luns, 4 abr 2016
1459774485atlantewine.JPG
A concelleira de turismo, Laura Iglesias, presentou este luns en rolda de prensa a segunda edición do Atlante Wine Forum, unha xornada de traballo e formación para profesionais do sector vitivinícola que se celebrará o 18 de abril na cidade e que contará coa presenza da elite mundial do viño. No acto, estivo acompañada por Xoán Cannas, director do Instituto Galego do Viño, organizadores do encontro.

A sede de Afundación acollerá relatorios e obradoiros a cargo de personalidades do sector de prestixio internacional, entre elas, Sarah Jaen Evans, presidenta del Instituto Masters of Wine, Sarah Ahmed, de The Wine Detective, líder de opinión internacional, Ferrán Centelles, quen foi xefe de sumilleres de El Bulli durante 12 anos ou Beatriz Machado, mestra en viticultura e enoloxía pola Universidade de California e directora de viños do Yeatman Hotel de Oporto.

Para Xoán Cannas a xornada servirá de foro para xerar novas ideas e debater sobre o avance do sector e destacou que agora mesmo no mercado internacional ten moita importancia a corrente dos viños atlánticos. Neste sentido, apuntou que Vigo, como cidade atlántica, se configura como eixe de encontro internacional das grandes zonas vitivinícolas do Atlántico, entre a costa francesa, cantábrica, galega e portuguesa e, desde un punto de vista local, engadiu que Vigo tamén é eixe de encontro das tres grandes zonas de produción vinícola: Rías Baixas, Ribeiro e o Douro Portugués.
Descargar todas as imaxes