O Concello adica 96.000 euros a clubs deportivos e subvenciona catro contratos da Rede de Mulleres
Segundo informou Caballero, o goberno de Vigo aprobou convenios co Sárdoma CF (23.000 euros), o Club Balonmán Seis do Nadal (30.000 euros), o Halcones (15.000 euros) e co Vigo Rugby (28.000 €), ademais doutro acordo coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos para apoiar a contratación de catro profesionais con 41.000 euros.
Despois da sesión da Xunta de Goberno Local deste venres, o alcalde de Vigo informou da aprobación de sendos convenios con clubs de elite da cidade, para apoialos na actual tempada deportiva cun total de 96.000 euros. O Sárdoma CF recibe 23.000 euros, para o Club Balonmán Seis do Nadal-Coia se destinarán outros 30.000 euros, o Halcones de Vigo Beisbol Club percibirá 15.000 euros e o Vigo Rugby Club, 28.000 euros.
O apoio do Concello de Vigo neste 2016 para entidades deportivas da cidade, de elite mais principalmente de base, ascende a case dous millóns de euros, segundo recordou esta mañá Caballero.
O alcalde referiuse ademais á aprobación do texto do convenio a asinar coa Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos, acordo enmarcado nos plans de emprego do Concello de Vigo e que supón unha subvención algo superior aos 41.000 euros para potenciar o traballo da entidade potenciando o acompañamento e apoio ás vítimas de violencia de xénero, a través da contratación de catro profesionais: un licenciado/a en Dereito, outro en Socioloxía, un diplomado/a en Traballo Social e un administrativo/a.
Abel Caballero recordou que o goberno vigués adica practicamente un millón e medio de euros este ano para o fomento do emprego: "nin unha soa cidade de galega ten algo nin sequera parecido", asegurou o rexedor.
Cesión á Universidade
A Xunta de Goberno Local tamén acordou a cesión gratuita á Universidade de Vigo do edificio da Escola de Comercio, na rúa Conde de Torrecedeira, por dez anos máis. Este acordo produciulle "especial satisfacción" ao alcalde por tratarse duns estudos que son unha "institución na cidade".