Obradoiro de improvisación teatral
A Concellaría de Normalización Lingüística vai levar a cabo un obradoiro de improvisación teatral, de 21 horas que terá lugar os días 12, 19, 26 de abril; 3, 10, 24, 26 de maio; de 17:00 a 20:00, no Instituto Municipal de Educación-IME (camiño do Chouzo, 2)Este obradoiro está destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.<br />
O teatro e a vida non están tan afastados como semella. Todos os días empregamos distintos recursos expresivos e amosamos aspectos da nosa personalidade diferente en función do contexto no que nos atopemos. Somos, dalgún xeito, actrices e actores das nosas vidas. Neste obradoiro tomaremos consciencia desta semellanza, trasladando eses recursos que utilizamos na nosa vida cotiá e un espazo ficcional. Atopando tamén nesa viaxe unha serie de principios propios do teatro. Bases específicas das artes escénicas, que traballaremos dende un punto de vista eminentemente lúdico.
Por outra banda, empregaremos a creatividade teatral como recurso para fomentar a normalización da oralidade en galego como lingua de cultura e de ocio, para o que contemplamos dúas liñas de acción:
1.- Incorporación de textos da literatura dramática galega contemporánea
2.- Emprego da lingua como pauta nos xogos teatrais e nas improvisacións
O obradoiro será fundamentalmente práctico. Calquera concepto teórico desenvolverasea partir das problemáticas prácticas que xurdan no desenvolvemento das clases.
CONTIDOS:
--Dinámica de grupo: escoita, acción-reacción, velocidades e ritmos, amebas
--Espazo: equilibrio, composición
--Traballo corporal: fundamentos preexpresivos, o corpo e as emocións, antagonismos
--Traballo vocal: proxección, resnonadores, anclaxe
--Construción de personaxes: animalizacións, personaxes tipo, do tipo ao personaxe individualizado
--Improvisación: desexo, estratexias, fisura, improvisacións de status, bloqueo/aceptación/oferta
Para se inscribir deben enviar un correo electrónico a actividades.snl@vigo.org, co seu nome completo e teléfono.