O alcalde asegura que "este territorio inicia una etapa nueva" coa Lei de Área Metropolitana
O alcalde felicitouse esta mañá pola aprobación na Xunta de Goberno da modificación de Lei de Área Metropolitana que abrirá "unha etapa nova neste territorio". En todo caso, o goberno local tamén quixo deixar constancia das emendas que lle gustaría se incluiran no texto, especialmente, que Vigo sexa tratada como capital de provincia no tocante á dotación de servizos.
O goberno local deu luz verde esta mañá ao borrador de Lei de Área Metropolitana e ás emendas "que queremos que se inclúan para mellorar o texto", explicou esta mañá o rexedor en rolda de prensa. Entre estes cambios, o alcalde reiterou a importancia de que a Xunta inclúa un apartado 3 bis no artigo 2 que diga o seguinte: A cidade de Vigo como capital da Área Metropolitana, terá un tratamento propio na dotacioón de servizos públicos por parte da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, similar ao dunha capital de provincia. Na súa opinión, Vigo merece este tratamento e o goberno autonómico estará obrigado a explicar a súa negativa sen non modifica o borrador.
En todo caso e aínda que o goberno local quere deixar constancia destas emendas, o rexedor engadiu que o texto aprobado pola Xunta é aceptado polo Concello, asegurando que "abrirá unha etapa nova neste territorio".
En todo caso e aínda que o goberno local quere deixar constancia destas emendas, o rexedor engadiu que o texto aprobado pola Xunta é aceptado polo Concello, asegurando que "abrirá unha etapa nova neste territorio".