Escoitar

Vigo celebra o Día Mundial da Auga concienciando aos escolares sobre o seu valor

O rexedor entregou este xoves pola mañá os premios do Concurso Internacional de Debuxo Infantil de Aqualia, co que a empresa queren facer entender ao alumnado de Primaria e Secundaria a importancia deste ben de maneira que traballen para adquiran hábitos responsables con respecto ao seu consumo e á súa depuración.

xoves, 31 mar 2016
1459428060aqualia.JPG
O Auditorio Municipal do Concello acolleu este xoves o acto de entrega dos premios do XIII Concurso Internacional de Debuxo Infantil de Aqualia, que contou coa participación de máis de 200 escolares, dos que dez recibiron un galardón, que lles foron entregados polo alcalde, quen puxo en valor a ecoloxía e o medio ambiente, e polo director de Aqualia en Vigo, José María Ardoy.

A empresa concesionaria do Servizo Municipal de Auga desenvolveu no acto unha actividade divulgativa a través da cal os escolares amplían o seu coñecemento sobre cada unha das fases do ciclo da auga. Ademais, adquiren uns hábitos responsables con respecto a este ben, tanto no relativo ao seu consumo, como á súa devolución ao medio natural, a través dos procesos de depuración.
Descargar todas as imaxes