Alcaldes de Vigo, Nigrán, Baiona e Gondomar piden conveniar o traslado da xustiza ao Xeral
Caballero recibiu este luns o respaldo dos rexedores de Nigrán, Baiona e Gondomar (municipios do partido xudicial de Vigo) e do presidente da Cámara de Comercio á demanda de asegurar o traslado das dotacións xudiciais ao antigo hospital Xeral a través dun convenio entre as administracións que elimine incertezas.
O alcalde de Vigo mantivo este luns sendas reunións co presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, e cos seus homólogos e Nigrán, Baiona e Gondomar para estudar o novo proxecto de levar as dotacións xudiciais ao antigo Hospital Xeral e conformar no entorno da rúa Lalín un ámbito sociocultural cunha biblioteca.
"Temos un acordo total", asegurou Abel Caballero sobre a posición dos alcaldes e do presidente da Cámara. O rexedor vigués enfatizou o consenso existente na necesidade de asinar un convenio entre o Estado, a Xunta e o Concello que o asegure ante a "incerteza política" actual, pois este ano haberá eleccións en Galicia e existe a posibilidade dunha repetición das xerais este verán.
O convenio entre as tres partes implicadas, segundo explicou o alcalde vigués, permitiría garantir o traslado a través da cesión de balde do inmoble por parte do Estado, o compromiso de reformas e investimento da Xunta de Galicia e do transporte, estacionamentos e desenvolvemento urbanístico a cargo do Concello de Vigo.