martes, 5 abr 2016
O alcalde recordou este martes o acordo plenario, a instancias do goberno de Vigo, que insta á Xunta de Galicia a asinar un convenio de transporte público ao aeroporto coma o que funciona en Santiago, onde o goberno autonómico achega 340.000 euros anuais para o bus que une a capital con Lavacolla. "Seguimos agardando", reiterou Caballero.
martes, 5 abr 2016
O Concello de Vigo enviou onte luns á Xunta o certicado que da conta da aprobación por parte do goberno local do borrador do proxecto de Lei de Área Metropolitana e as emendas que se prantexan para mellorar o documento. Deste xeito, o proxecto impulsado desde a Xunta xa conta coa validación da cidade polo que xa está en condicións de entrar no Parlamento de Galicia para ser tramitado e aprobado por unanimidade, confía o rexedor.
martes, 5 abr 2016
A concelleria de Medio Ambiente organiza quedadas de fin de semana en Vigozoo os meses de abril, maio e xuño. Tratase dunha actividade destinada a menores de entre 8 a 12 anos que se inicia o sábado ás 16:00 horas e remata o domingo ás 13:00 horas. Cun prezo de 20 euros inclúe cea, almorzo e pernocta nas instalacións do albergue e na nova cabaña de Vigozoo.
martes, 5 abr 2016
A Asociación Amigos da Ópera de Vigo organiza a segunda edición do ciclo de Cine&Ópera que proxectará, todos os mércores do mes de abril, ás 20:30 h, no Auditorio Municipal do Concello, as películas "Quartet", "The Great Caruso", "Le Roi Danse" e "A night at the Opera", respectivamente. As proxeccións realizaranse en versión orixinal subtitulada en español.Acceso libre até completar aforamento.