Escoitar

Caballero asegura que o borrador da Lei de Área Metropolitana "xa ten a aprobación da cidade"

O Concello de Vigo enviou onte luns á Xunta o certicado que da conta da aprobación por parte do goberno local do borrador do proxecto de Lei de Área Metropolitana e as emendas que se prantexan para mellorar o documento. Deste xeito, o proxecto impulsado desde a Xunta xa conta coa validación da cidade polo que xa está en condicións de entrar no Parlamento de Galicia para ser tramitado e aprobado por unanimidade, confía o rexedor.

martes, 5 abr 2016