O alcalde urxe á Xunta a conveniar o transporte público ao aeroporto de Vigo
O alcalde recordou este martes o acordo plenario, a instancias do goberno de Vigo, que insta á Xunta de Galicia a asinar un convenio de transporte público ao aeroporto coma o que funciona en Santiago, onde o goberno autonómico achega 340.000 euros anuais para o bus que une a capital con Lavacolla. "Seguimos agardando", reiterou Caballero.
Abel Caballero urxiu á Xunta de Galicia a conveniar o transporte público ao aeroporto de Vigo tal e como fai na terminal santiaguesa, onde abona 340.000 euros anuais.
O alcalde recordou que esta petición do goberno de Vigo tivo o respaldo do Pleno da Corporación viguesa e, a día de hoxe, "seguimos agardando". Caballero pide un modelo "exactamente igual" ao existente en Santiago, onde a Xunta financia o autobús que une a capital con Lavacolla con 340.000 euros. "Queremos que fagan o mesmo con Vigo, e estamos agardando. Que nos envíen o convenio para firmalo inmediatamente", concluíu Caballero.