Escoitar

O alcalde valora a relevancia do Concurso de Tapas VigoVello e a "recuperación do Casco Vello"

Durante o acto de entrega de premios da décima edición do certame, Abel Caballero asegurou este venres que o concurso está a adquirir "o rango dun feito importante na cidade", polo que felicitou aos organizadores e aos establecementos participantes, ao tempo que eloxiou a "recuperación do Casco Vello", que "xa é un lugar obrigado" de visita en Vigo.

venres, 6 nov 2015
1446817041tapas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, participaron este venres no acto de entrega de premios da décima edición do Concurso de Tapas VigoVello.

Caballero valorou que a cita esté adquirindo "o rango dun feito moi importante na cidade", felicitou aos participantes e eloxiou a "recuperación do Casco Vello", que "xa é un lugar obrigado" de visita e paseo na cidade, "unha zona recuperada para a cidade". O alcalde tamén trasladou a súa felicitación aos tres locais gañadores do concurso.

A un prezo de 1,5 euros, este ano foron 40 os establecementos do centro da cidade que se sumaron á proposta e ofertaron as súas tapas dentro dun concurso que se celebrou no mes de outubro, do día 2 ao 31 do mes pasado.

Os consumidores que selaran a súa papeleta en alomenos 12 dos locais participantes puideron votar pola súa tapa preferida. Entre todos os votos rexistrados, a organización sorteou unha noite de aloxamento para dúas persoas nunha casa rural e distintos agasallos cedidos polos comercios asociados.
Descargar todas as imaxes