O goberno de Vigo tramita a cesión á Xunta dos terreos para a Cidade da Xustiza
O alcalde informou hoxe venres da tramitación, pola Xerencia de Urbanismo, da cesión ao goberno autonómico dos terreos para a construción da nova dotación xudicial. O Concello, explicou Caballero, xa adicou 4,5 millóns en medio ao efecto mentres que "a Xunta de Galicia nin sequera iniciou a licitación" do proxecto, que "pode e debe" iniciala.
A Xerencia de Urbanismo, segundo anunciou este venres Abel Caballero, deu conta da tramitación da cesión dos terreos para que a Xunta de Galicia poida construir a Cidade da Xustiza.
O alcalde recordou que, sen ser competencia municipal, o Concello de Vigo xa achegou ao efecto un total de 4,5 millóns de euros en concepto do solo. Mentres, denunciou Caballero, a Xunta de Galicia, administración competente na materia, aínda non ten adicado un euro ao proxecto. O rexedor vigués censurou que, chegados ao punto da cesión do solo, o goberno autonómico non teña inicado o proceso de licitación.
"Xa estamos na tramitación, o Concello xa pagou as parcelas, xa temos o espazo público, en total 4,5 millóns de euros de aportación municipal", apuntou Caballero, quen abondou en que "a Xunta sabe que ten os terreos, sabe que estamos no proceso de agregalos e levalos ao Catastro e, polo tanto, sabe que hai data de finalización e sen embargo non inicia a licitación", cando "pode e debe" iniciala.
O alcalde explicou que esta tramitación municipal podería ir en paralelo ao proceso de licitación autonómica, pero o goberno presidido por Núñez Feijóo non ten recursos económicos para afrontala e vaticinou que chegará o mes de xuño e a obra da Cidade da Xustiza non estará adxudicada.
Comunicacións previas
Caballero tamén informou doutros asuntos abordados na Xerencia municipal de Urbanismo celebrada este venres. Entre elas, o primeiro edil salientou o informe sobre comunicacións previas correspondentes ao mes de agosto, no que se tramitaron 305 destas autorizacións e das que o 25% foron para obras, o 60% para obra menor e o 15% foron permisos de actividade.
Ademais, a reunión desta mañá tomou coñecemento da concesión urbanística de licencias por valor superior aos 2 millóns de euros, que inclúe unha por importe próximo aos dous millóns para a construción de 32 vivendas en Castrelos.
Xunta de Goberno Local
Tamén celebrada este venres, Abel Caballero salientou da reunión do goberno local a aprobación do texto do convenio co Centro de Formación Divino Maestro para a realización de prácticas profesionais non laborais dos alumnos do curso "Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais". Con esto, o Concello quere facilitar a preparación dos estudantes para o desempeño profesional das tarefas que aprenden durante o curso e contribuir a completar a formación e cualificación do alumnado.