Vigo dedicará unha rúa a Vanessa Lage, a axente falecida nun atraco a unha entidade bancaria
Abel Caballero avanzou esta mañá que Vigo adicará unha rúa a Vanessa Lage, a axente falecida nun atraco a unha entidade bancaria o pasado mes de novembro. Tal e como explicou o rexedor, trátase dunha homenaxe a unha muller que "defendeu a cidade coa súa vida".
Vigo dedicará unha rúa a Vanessa Lage, a axente falecida nun atraco a unha entidade bancaria o pasado mes de novembro. Abel Caballero fixo este anuncio logo de manter un encontro co sindicato Unión Federal da Comisaría de Vigo quen lle trasladou esta petición. Caballero aceptou a proposta de homenaxear a unha muller "que defendeu a cidade coa súa vida" e fixo estensivo este recoñecemento "a todos eses membros das distintas forzas de seguridade do Estado que a diario cooperan coa nosa seguridade". A intención do goberno local, dixo, é que o próximo 28 de novembro unha placa lembre a esta axente nunha rúa da cidade, aínda por decidir.