Vigo celebra a XXVIII Feira de Abril con actividades no Náutico e no paseo das Avenidas
Coa colaboración do Concello, a Casa de Andalucía en Vigo e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros da Zona Náutico organizan un evento que inclúe música, gastronomía, cultura e atraccións. O edil de comercio, Ángel Rivas destacou a "tradición, arraigo e participación da cidade" neste evento que comeza o próximo xoves día 28 co prendido das luces das casetas e que serve para "dinamizar o comercio".
A Zona do Náutico, Montero Ríos e o Paseo das Avenidas serán este ano o escenario da vixésimo oitava edición da Feira de Abril de Vigo que hoxe presentou o concelleiro de comercio, Ángel Rivas. As actividades arrinca o próximo xoves 28 de abril co acendido do alumeado da feira e desenvólvese ata o domingo 1 de maio cun programa que inclúe música, artesanía e atraccións e que para o edil ten "moita tradición, arraigo e participación na cidade", por iso, asegurou que o goberno local "apoia con entusiasmo estes eventos porque axudan a dinamizar o comercio" polo que "estaremos permanentemente" cooperando con estas iniciativas.
Unha das novidades desta edición é a organización conxunta da Casa de Andalucía e da Asociación de Comerciantes da Zona Náutico de Vigo para poder xerar unha mellor oferta cultural e de ocio, amais da ampliación do espazo da festa e das casetas a toda a zona de Montero Ríos.
A Presidenta da Casa de Andalucía en Vigo, Josefa Villar explicou que a feira naceu no ano 1988 como unha maneira de integración dos andaluces na cidade para compartir cos vigueses unha parte da súa cultura e identidade, e adiantou que entre as actividades haberá "moita música con fusión da andaluza e da galega, sevillanas "con xeito" tocadas con gaita, tamboril, castañolas e caixón, paseo de cabalos, casetas, calesas e atraccións como a noria".
Pola súa banda, o presidente dos comerciantes Zona Náutico, Rubén Pérez, sinalou a importancia deste tipo de actividades para a dinamización da actividade comercial e convidou á cidadanía viguesa a gozar da programación prevista.
Descargar todas as imaxes