NAS ONDAS. Peche do ciclo De Piano III
O venres, 22 de abril, terá lugar no Auditorio Martín Códax do CSMVigo o concerto que porá remate ao primeiro dos ciclos de NAS ONDAS, Festival da Música e das Artes do CSMVigo, que se desenvolve no Conservatorio entre os meses de abril e maio.O Concerto, baixo o título de "Proxecto Música Española", reunirá a alumnado e profesorado de diferentes conservatorios de Galicia que abordarán un repertorio de compositores hispanos. A cita será ás 20 horas, no Conservatorio, e a entrada, como en todos os actos de NAS ONDAS, é libre.
A Concellería de Cultura coopera coa posta en marcha do "Festival nas Ondas", unha programación organizada polo Conservatorio Superior de Música de Vigo e que contará con corenta actuacións, espalladas entre o 12 de abril e o 10 de xuño. O certame terá como espazo principal o Auditorio "Martín Códax" e dependencias do CSMVigo, pero tamén se trasladará a outros lugares da cidade, como o Auditorio Municipal do Concello, o salón de actos do MARCO, a Igrexa de María Auxiliadora, a Praza da Pedra, etc.
O festival comprende un total de 40 eventos organizados en ciclos especializados: Concertos para Escolares, De Piano III, Explurart, Letras Galegas, Ciclo de Cámara, etc., e outros eventos diversos, todos eles, abertos ao público xeral, e de asistencia libre e gratuíta. Xunto aos actos artísticos (concertos, montaxes escénicos, performances, etc.), o festival inclúe tamén relatorios, concursos, actos conmemorativos, xornadas de Portas Abertas, etc.