xoves, 21 abril 2016

Vigo celebra a XXVIII Feira de Abril con actividades no Náutico e no paseo das Avenidas

Coa colaboración do Concello, a Casa de Andalucía en Vigo e a Asociación de Comerciantes e Hostaleiros da Zona Náutico organizan un evento que inclúe música, gastronomía, cultura e atraccións. O edil de comercio, Ángel Rivas destacou a "tradición, arraigo e participación da cidade" neste evento que comeza o próximo xoves día 28 co prendido das luces das casetas e que serve para "dinamizar o comercio".

NAS ONDAS. Peche do ciclo De Piano III

xoves, 21 abr 2016

O venres, 22 de abril, terá lugar no Auditorio Martín Códax do CSMVigo o concerto que porá remate ao primeiro dos ciclos de NAS ONDAS, Festival da Música e das Artes do CSMVigo, que se desenvolve no Conservatorio entre os meses de abril e maio.O Concerto, baixo o título de "Proxecto Música Española", reunirá a alumnado e profesorado de diferentes conservatorios de Galicia que abordarán un repertorio de compositores hispanos. A cita será ás 20 horas, no Conservatorio, e a entrada, como en todos os actos de NAS ONDAS, é libre.

Concerto SINFÓNICA VIGO 430

xoves, 21 abr 2016

Este venres, día 22 de abril, ás 20:30 h, terá lugar no vestíbulo do Auditorio "Mar de Vigo" o concerto da ORQUESTRA SINFÓNICA VIGO 430, que se inclúe no programa "Primavera 2016" , unha completa programación na que participan as catro seccións da Orquestra Vigo 430 e que conta coa colaboración da Concellería de Cultura .