Escoitar

O Concello coopera na organización dos XVII Xogos de Atletismo de Special Olympics

A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, presentou esta mañá a XVII edición dos Xogos Autonómicos de Atletismo que serán o 30 de abril nas pistas de Balaídos. A competición atlética reunirá en Vigo a deportistas con discapacidade intelectual, adestradores, voluntarios e membros da organización. <br />

xoves, 21 abr 2016
1461242030special.JPG
Special Olympics Galicia, asociación dedicada á promoción das persoas con discapacidade a través do deporte e do ocio, organiza os xa tradicionais Xogos Autonómicos de Atletismo, nos que contará coa colaboración de Fademga Plena Inclusión Galicia e da asociación San Francisco. Tal e como explicou a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, esta nova edición dos Xogos se celebra o vindeiro sábado 30 de abril, nas instalacións de atletismo de Balaídos, onde tomarán parte deportistas con discapacidade intelectual de toda Galicia. Tamén contarán coa inestimable colaboración do grupo de voluntarios de Special Olympics Galicia.

Segundo explicou Eladio Fernández, responsable da organización, os Xogos seguirán as regras básicas dos eventos organizados por Special Olympics establecéndose tres niveis de participación en función dos coñecementos que os deportistas teñen das regras así como das súas capacidades físicas. Os atletas competirán nas probas de velocidade, medio fondo, fondo, salto de lonxitude, salto de altura, lanzamento de peso, marcha, marcha asistida ou lanzamento de bola (softball), entre outros.
Descargar todas as imaxes