Escoitar

Concerto alumnado Conservatorio Profesional de Música de Vigo

A Concellería de Cultura colabora co Conservatorio Profesional de Música de Vigo no concerto que terá lugar o xoves 21 de abril, ás 20:00 h, no Auditorio Municipal do Concello. O concerto correrá a cargo do alumnado do departamento de conxunto e música de cámara, con actuacións de guitarra, trío de música de cámara e quinteto de metais, así como dos coros "júnior" e "sénior" do centro. A entrada será libre até completar aforamento.



mércores, 20 abr 2016
1461142642cartelconcerto.jpg
O concerto entra dentro da liña de colaboración establecida entre a citada concellería e os conservatorios da cidade dende hai varios anos, co obxecto de ofrecer o espazo do auditorio para que o alumnado e/ou profesorado dos centros poidan amosar os seus traballos.
Descargar todas as imaxes

Máis información