O alcalde eloxia o Urban Market Progreso 41 como un "gran proxecto lúdico-gastronómico"
O Urban Market Progreso 41, o primeiro mercado urbano de Galicia, abriu este xoves as súas portas cunha oferta gastronómica, cultural e de ocio distribuída en 2.500 metros cadrados. Abel Caballero percorreu as instalacións que dispoñen dunha vintena de postos con oferta gastronómica tradicional e novidosa, unha ludoteca, espazos para propostas culturais, intervencións artísticas e postos de venta temporais para as creacións de emprendedores e deseñadores. O alcalde referiuse ao mercado como un "gran proxecto lúdico gastronómico" e un "lugar de encontro da cidade, que Vigo precisa" e agradeceu o esforzo de todas as persoas implicadas na súa posta en marcha, a quen felicitou pola iniciativa.