O rexedor destaca que a mostra "Emporium" aberta no Verbum permite "revivir a historia da cidade"
<br /> Abel Caballero participou este mércores na inauguración da nova exposición que acolle o Museo Verbum de Samil. "Emporium. Mil anos de comercio en Vigo" recolle as relacións comerciais de Vigo desde a prehistoria ata a chegada dos árabes, con pezas nunca expostas e restauradas para a ocasión.
A mostra, promovida polo Concello de Vigo e comisariada por Adolfo Fernández e Pilar Barciela, é a exposición de arqueoloxía de maior entidade presentada ata o día de hoxe en Vigo que, para o rexedor, permite "revivir unha parte importante da nosa historia e entender a nosa cidade" e salientou que se configura como un "lugar de observación de nós mesmos, do que somos e do que seremos". Así, puxo en valor que coa visualización da historia do comercio na cidade "vemos que este grande territorio foi quen de ir trazando a súa propia senda cos seus propios méritos a través dos pobos que se asentaron ao longo de 1.000 anos" que co seu esforzo contribuíron a "facer cidade".
"Emporium" presenta o papel destacado que Vigo xogou na comunicación marítima do noroeste peninsular co resto do mundo coñecido, con momentos nos que foi o único enclave comercial en activo. Este aspecto do noso pasado, ata agora máis intuído que demostrado, ten á luz dos resultados das últimas investigacións arqueolóxicas, unha razón de ser.
A exposición artella o seu relato de xeito sinxelo e didáctico, mediante máis de 200 obxectos arqueolóxicos, restaurados e documentados expresamente para a exposición, moitos dos cales se expoñen por vez primeira ao público. As pezas proceden na súa gran maioría do Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León", con achegas puntuais doutros museos e institucións de Galicia e norte de Portugal, entre as que destacan algunhas de gran valor histórico como os cipos do Castro da Illa de Toralla, que permiten documentar a presenza de comerciantes feniciopúnicos na ría de Vigo arredor do século V. a. C.; a espectacular crátera romana da villa de Toralla (s. IV d. C.) reconstruída para a exposición e atopada no depósito vigués aínda que probablemente fabricada en Braga; ou a cruz paleocristiana (s. VII d. C.) da que un pequeno fragmento testemuña polo seu material, ouro, e a súa factura, ser doazón dun alto eclesiástico visigodo á igrexa que no Areal daba servizo aos fieis de Vigo, un dos máis importantes puntos do comercio marítimo do momento.
A nova proposta cultural emprega ademais recursos técnicos e museográficos complementarios que permiten ao público achegarse aos contextos nos que estes obxectivos acadaron pleno significado. Entre estes, unha infografía e unha curtametraxe que, de forma virtual, nos leva ao Vigo da antigüidade.
O traballo audiovisual é obra de Alicia Colmenero e Magoga Piñas, ambas con gran experiencia, entre outros, co Museo Arqueolóxico Nacional. Piñas colaborou tamén nos efectos dixitais da serie "Xogo de Tronos" e en películas como "O imposible" e "Ágora", de Alejandro Amenábar.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 28 de maio de 2017.
Descargar todas as imaxes