Escoitar

Caballero propón adiantar a reunión coa Xunta para ratificar o convenio do transporte metropolitano

<br /> O rexedor vigués anunciou este mércores que lle solicitou ao goberno autonómico adiantar a reunión, para hoxe mesmo ou mañá, para certificar a entrada de Vigo no transporte metropolitano. A conselleira de Infraestruturas da Xunta ofertara o venres ou dúas datas de xullo para a entrevista.

mércores, 29 xuñ 2016
Segundo explicou Caballero, o goberno de Vigo vén de recibir un escrito da conselleira comunicando que pode asinarse o convenio de transporte metropolitano, unha vez a comisión de seguimento ratifique o texto. A Xunta propón tres datas para a reunión: este venres, o próximo luns día 4 ou o 11 de xullo.

O alcalde de Vigo propuxo ao goberno autonómico adiantar a reunión a hoxe mércores ou mañá xoves, á hora que decida a Xunta de Galicia "que veña ao Concello e asinámolo esta tarde ou mañá pola mañá. Non esperemos máis" subliñou.