Caballero di sentirse "orgulloso do rango europeo da Vigo Cup" de fútbol base, que comeza o luns con 3.400 nenos e nenas<br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a XVI Vigo Cup, torneo internacional de fútbol base, coma "unha das grandes concentracións de fútbol de Europa, o que nos enorgullece".
O evento, cuns 3.400 participantes, desenvólvese de luns a domingo (4 ao 10 de xullo) en oito campos municipais (Samil, As Travesas, Navia, Bouzas, As Relfas de Sárdoma, A Pirucha de San Miguel de Oia, A Bouza en Coia e A Guía) ademais de no Vao.
Acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, polo coordinador do campionato, Ignacio Cabaleiro, un representante dos patrocinadores (Juan Andonegui, Frutas Nieves) e de todos os sectores do fútbol, dende o arbitral ao federativo ou aos clubs, o rexedor subliñou que a Vigo Cup "é un gran torneo mixto que está adquirindo rango europeo. Empeza a superar todo o que calquera pode imaxinarse dun torneo de base", incidiu.
Caballero explicou que "en Balaídos poderíase xogar usando só a grada de Río, pero queremos tomar todas as cautelas", polo que as finais repartiranse en dous días, o serán do sábado 9 no complexo deportivo municipal de Samil (sub 10, sub 12, sub 14, sub 16 e Damas) e a mañá do domingo 10 no Vao (sub 7 e sub 8, máis torneo de penaltis). O sub 6 xogan de forma non competitiva do 5 ao 7 no Vao.
Con 185 equipos de 45 clubs, as entidades deportivas do municipio envorcáronse co torneo (146 conxuntos), que ademais conta con participación portuguesa como é habitual e o Seseña, de Castela A Mancha. "É un torneo do área metropolitana; a Vigo Cup está co área metropolitana moito antes de que esta teña o contexto legal", relatou Caballero, que indicou ademais que hai participación de Salceda de Caselas, Salvaterra, Redondela, Porriño, Mos, Nigrán, Gondomar, A Garda e O Rosal.
Os clubs que máis conxuntos aportan son: Cristo de la Victoria (15 equipos), Sárdoma (14), Coruxo (12) e E.D. Val Miñor Luvenfor (12).
O alcalde, que espera que "estas mozas e mozos ocupen o sitio na selección nacional e melloren a cuestión agora que está en crise", lembrou que o vindeiro verán "Balaídos xa case estará remodelado e se cadra é a Vigo Cup a que estrea o campo; non sería mala idea".
Descargar todas as imaxes