O alcalde destaca a modernidade do Mercado do Progreso como espazo de encontro da cidade
Dende este xoves está en funcionamento o novo mercado, que foi sometido a obras de actualización por valor de case 5 millóns de euros co fin de darlle mellor servizo a toda a cidade. O rexedor destacou a importancia da obra e o esforzo dos profesionais para acometela a augurou "un grande éxito" ao espazo que ademais ofrecerá actividades de ocio e gastronomía.
Abel Caballero inaugurou este xoves as novas instalacións do Mercado do Progreso que comeza a funcionar logo dun período de reforma que se prolongou varios anos e que requiriu un investimento de case 5 millóns de euros, o que supón para o rexedor "un esforzo de moitos anos, moita xente e dos profesionais do mercado".
Con esta actualización, feita en clave de modernidade, di Caballero que o espazo adquire unha "dimensión extraordinaria na construción do novo Vigo" e augurándolle un "grande éxito" apuntou que o investimento "merece a pena para que poidamos ter un espazo común no centro" estando en condicións de competir en prestixio cos mercados modernos de Madrid ou Barcelona.
Logo da inauguración das instalacións principais queda por retirar a praza provisional, que se situou na planta superior e que se fará nun mes, onde está prevista a construción dun espazo gastronómico que será "un lugar de encontro ao que buscaremos formas de darlle utilidade" con concertos e oferta de ocio dende a mañá ata a noitiña.
O novo Mercado do Progreso conta con 41 postos de venda de produtos alimentarios e, entre as melloras realizadas, está un ascensor panorámico, montacargas para uso exclusivo dos comerciantes e dúas escaleiras mecánicas para facilitar o acceso e tránsito aos clientes, que gozarán de aparcamento gratuíto para realizaren as súas compras.
Descargar todas as imaxes