luns, 25 abril 2016

O Xardín francés de Castrelos permanecerá hoxe pechado para fumigar contra un fungo

Técnicos municipais decretaron o peche do Xardín francés de Castrelos durante a mañá de hoxe martes para proceder á realización dos tratamentos sobre as follas e as ramiñas do Buxus spervirens. O obxectivo é mitigar os danos producidos polo fungo Cylindroclaium buxícola. O Xardín permanecerá pechado entre as 08,00 e as 11,00 h, e as limitacións de acceso ao público ampliaranse ata ás 14,00 h.

O Pleno reclama á Xunta que financie a totalidade do proxecto da estación de autobuses

luns, 25 abr 2016

A moción socialista defende que debe asumir "integramente" a obra rexeitando que sexa o Concello quen pague a expropiación e execución dos accesos. A Corporación Municipal acordou tamén instar ao goberno autonómico a aprobar unha lei de financiamento do transporte en Galicia que garanta o dereito á mobilidade de toda a cidadanía e sexa unha alternativa real ao vehículo privado.

O Concello incorpora ao servizo de limpeza un equipo dotado das últimas novidades tecnolóxicas

luns, 25 abr 2016

O camión, equipado para a limpeza dos sumidoiros, permite aforrar o equivalente a cinco piscinas olímpicas de auga ao ano na limpeza das tubaxes. Ademais, supón unha mellora do rendemento, maior eficiencia enerxética, redución da contaminación e aumento da facilidade e seguridade no traballo. Este novo equipamento ten un custo de 380.000 euros, tal e como indicou o rexedor na súa presentación.