Declaración Institucional do Pleno do Concello de Vigo sobre a situación do Sáhara
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns unha declaración institucional promovida e asinada polos tres grupos políticos con representación municipal, para "reafirmar" o seu "compromiso co futuro en liberdade do pobo saharauí".<br />
"O Pleno do Concello de Vigo quere reafirmar o compromiso co futuro en liberdade do pobo saharauí, asumindo e renovando os importantes acordos acadados na última conferencia dos Intergrupos Parlamentarios Paz e Liberdade no Sáhara Occidental, celebrada no Parlamento de Galicia os días 5 e 6 de marzo do presente ano por segunda vez na historia da nosa autonomía.
A visita do secretario xeral da ONU a territorios ocupados abriu un conflito diplomático entre Marrocos e a ONU, primeiro coa negativa de recibir a Ban Ki-Moon en Rabat e despois coa expulsión de 73 persoas empregadas civís da MINURSO.
Este conflito fai perigar o mandato da MINURSO e supón un grave elemento de preocupación para o cumprimento do Plan de Paz para o Sáhara Occidental acordado entre as partes.
O pasado 17 de marzo celebrouse o Consello de Seguridade das Nacións Unidas, cun importante informe do secretario xeral. Instamos aos representante do Goberno de España, como membros deste Consello de Seguridade, a priorizar o diálogo para obter, sen máis atrasos, unha solución xusta e definitiva, que pasa por levar á práctica o dereito de autodeterminación do pobo saharauí mediante a celebración do referendo.
Consideramos imprescindible que a Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental -MINURSO- debe ser reforzada nos territorios ocupados coa plenitude das delegacións que mantiña anteriormente, asumindo a potestade para vixiar e salvagardar os dereitos humanos da poboación saharauí no Sáhara Occidental.
Defendemos garantías de transparencia e legalidade nos procedementos xudiciais para os presos saharauís que participaron no campamento de Gdeim Izik, de acordo coa legalidade internacional e cos dereitos humanos".