xoves, 28 abril 2016

O alcalde destaca a modernidade do Mercado do Progreso como espazo de encontro da cidade

Dende este xoves está en funcionamento o novo mercado, que foi sometido a obras de actualización por valor de case 5 millóns de euros co fin de darlle mellor servizo a toda a cidade. O rexedor destacou a importancia da obra e o esforzo dos profesionais para acometela a augurou "un grande éxito" ao espazo que ademais ofrecerá actividades de ocio e gastronomía.

Caballero recibe as bandeiras en xogo do Campionato de España de bateis, na ETEA esta fin de semana

xoves, 28 abr 2016

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, recibiu na Alcaldía a unha representación da organización do 73 Campionato de España de bateis, encabezada polo presidente da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas, e o vicepresidente do Club de Remo Virxe da Guía, Paco Santiago. A proba disputarase por vez primeira fronte á ETEA, a antiga base naval, esta fin de semana, e o rexedor recibiu as bandeiras en xogo.