Concello e El Corte Inglés valoran promocionar en conxunto a diversidade turística de Vigo
O alcalde recibiu este mércores aos responsables da área de comunicación e viaxes da empresa, para estudar unha posible proposta coordinada de promoción da cidade. Segundo expuxo Caballero posteriormente, a compañía ten capacidade para chegar a toda España e ve en Vigo un "inmenso dinamismo" turístico.
"Estamos considerando a posibilidade de facer un traxecto conxunto de promoción da cidade e de cada un dos aspectos turísticos da mesma", asegurou Caballero tras a reunión. Entenden que Vigo presenta "capacidade turística" e un "dinamismo inmenso" en cuestións como a cultura, as Illas Cíes ou O Marisquiño, segundo citou o alcalde.
Descargar todas as imaxes