O Pleno reclama á Xunta que financie a totalidade do proxecto da estación de autobuses
A moción socialista defende que debe asumir "integramente" a obra rexeitando que sexa o Concello quen pague a expropiación e execución dos accesos. A Corporación Municipal acordou tamén instar ao goberno autonómico a aprobar unha lei de financiamento do transporte en Galicia que garanta o dereito á mobilidade de toda a cidadanía e sexa unha alternativa real ao vehículo privado.
Cos votos a favor do grupo socialista e de Marea de Vigo e a abstención dos populares, o Pleno do Concello celebrado este luns aprobou a moción do PSOE pola que se insta á Xunta de Galicia a que asuma as súas competencias e financie na súa integridade a totalidade do proxecto da estación de autobuses de Vigo.
A concelleira María José Caride defendeu que a estación con "vocación metropolitana" é competencia "íntegra" da Xunta de Galicia pero que esta quere que sexa o goberno local quen pague "o proxecto, a expropiación e a execución dos accesos" polo que se preguntou "que fixemos os cidadáns de Vigo para que queiran maltratarnos así?" logo de seis anos esperando pola estación.
Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo apuntou que, malia ser a estación unha competencia autonómica, ao abeiro da modificación da lei do solo, correspóndelle aos concellos, como entidades beneficiarias, as expropiacións dos proxectos de interese xeral. A este respecto, a edil socialista respondeu que os concellos non asumen as expropiacións, senón a súa "tramitación".
A voceira do grupo popular, Elena Muñoz, pediulle "máis colaboración" ao goberno local e que fagan os accesos en lugar de "vivir na confrontación" e evitar así atrasos na estación que "financiará a Xunta ao cento por cento".
Lei de financiamento do transporte público galego
A Corporación Municipal deu luz verde este luns, cos votos de Marea e PSOE e o rexeitamento do PP, á moción do grupo municipal socialista na que lle solicita á Xunta a aprobación dunha lei de financiamento do sistema público de transporte de Galicia que garanta o dereito á mobilidade de todos os cidadáns e que supoña unha verdadeira alternativa ao vehículo privado.