Escoitar

Imposto sobre Actividades Económicas ano 2016

venres, 22 abr 2016
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 75 de data 20 de abril de 2016, estará en exposición pública entre os días 21 de abril ata o 5 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes a Matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2016

As e os interesados poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo Dun mes, ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.