Escoitar

Medidas de tráfico por obras

venres, 22 abr 2016
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra , estará pechado ao tráfico o túnel da rúa BEIRAMAR(lado mar), o domingo 24/04/2016 dende as 07:30 ás 14:00 horas.

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento, en horario nocturno (23:00 a 05:00 horas), do túnel de Jenaro de la Fuente-Martínez Garrido, a realizar pola empresa Estacionamientos Y Servicios S A, estará pechado ao tráfico o túnel da rúa JENARO DE LA FUENTE_MARTÍNEZ GARRIDO, dende o 26/04/2016 ás 23:00 horas ata o 27/04/2016 ás 05:00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.