O Concello aproba as bases do plan de axudas a vivenda, enerxía e alimentación
Segundo informou este venres Abel Caballero, o goberno de Vigo aprobou hoxe as bases e a convocatoria do Programa Municipal de Axudas Extraordinarias a Familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación. O Concello reserva 1,6 millóns ao efecto e outros 800.000 euros nun fondo contra os desafiuzamentos.
Explicou Caballero que a aprobación das bases e da convocatoria da edición 2016 deste programa é o primeiro paso para a concesión das axudas, pois antes de poder abrir o prazo de solicitudes, deben publicarse no BOP para pasar despois ao Ministerio de Asuntos Sociais para a súa validación. Unha vez recibido o visto bo estatal, volverán ao BOP e só entón o goberno de Vigo poderá abrir o prazo de solicitude das axudas.
Trátase da "acción contundente da cidade contra os desafiuzamentos, contra a pobreza enerxética e para que todas as familias teñan recursos para a súa alimentación"
A administración que dirixe Caballero reserva 1.610.000 euros para sufragar o coñecido como "cheque social" para pagos de vivenda, enerxía e alimentos, e incorpora como novidade este ano un novo fondo de emerxencia contra os desafiuzamentos dotado de 802.000 euros máis. "En total, nas dúas partidas, 2,4 millóns de euros. Esto é o que adicamos a medidas estables e de choque contra os desafiuzamentos para que ninguén en Vigo sexa desafiuzado", certificou o rexedor.
Segundo o procedemento estipulado, aos solicitantes que cumpran cos requisitos socioeconómicos establecidos nas bases se lles asignará unha puntuación en función da súa situación persoal ou da unidade de conviencia. O orzamento total do programa dividirase entre o total de puntos obtidos polos beneficiarios para coñecer o valor económico de cada punto e asignar así a cantidade correspondente á súa puntuación.
"Ninguén en Vigo vai ser desafiuzado nin vai quedarse sen enerxía eléctrica, sen gas e sen agua, nin vai quedarse sen alimentos mentres nós gobernemos en Vigo. Este é un compromiso que estamos cumpindo desde que son alcalde", aseverou Abel Caballero, quen planteou que outros concellos incorporen este tipo de medidas, ante a "pasividade" da Xunta de Galicia -competente na materia- e doutros alcaldes "que miran para outro lado".
Apoio ao Museo Liste
A Xunta de Goberno Local celebrada este venres tamén deu luz verde á transferencia de fondos do Concello á Fundación Liste – Museo Etnográfico de Vigo, un apoio que se traduce este ano en 90.000 euros para axudar ao financiamento das súas actividades durante o presente 2016.