A Corporación insta á Xunta a investir nos "obsoletos" colexios de Vigo
A moción, presentada este luns na sesión plenaria polo grupo socialista e aprobada polos tres partidos políticos, require da administración autonómica a execución de investimentos nos colexios vigueses, que teñen instalacións "antigas e obsoletas".
O texto aprobado hoxe explica que a Xunta de Galicia é responsable do "abandono" dos centros de ensino vigueses, logo de ter reducido "drasticamente" os orzamentos en materia educativa. A moción presentada polo grupo de goberno indica que os colexios vigueses teñen instalacións "antigas e obsoletas" (teitos en mal estado, goteiras, sistemas de electricidade e calefacción insuficientes...). O acordo require investimento autonómico en obras que "garantan a calidade da educación pública e a igualdade de oportunidades".
Sanidade universal
Outra moción presentada polos socialistas saíu adiante desta volta cos votos da Marea de Vigo e a negativa do Partido Popular, cun acordo no que solicita ao Goberno de España a "restablecer a universalidade da cobertura do Sistema Nacional de Saúde".
Segundo indica o acordo adoptado, Vigo insta igualmente ao Estado a acadar un "consenso co máximo de forzas parlamentarias e Comunidades Autónomas" para "reformar a lexislación sanitaria" e "asegurar a sustentabilidade dun sistema sanitario público, universal, de calidade, gratuíto, con equidade no acceso no acceso por parte dos cidadáns, cunha mesma carteira básica de servizos para toda a cidadanía nun marco de ampla descentralización".