O goberno local revaloriza o petróglifo da Laxe, en Sárdoma, con accións de recuperación e divulgación
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron este mércores o petróglifo da Laxe, en San Pedro de Sárdoma, onde o goberno de Vigo vén de instalar paneis informativos, tras ter executado distintas accións de recuperación e protección no xacemento. O alcalde avogou pola "reactivación" do patrimonio arqueolóxico vigués, un ámbito cunha "gran capacidade de desenvolvemento".
O alcalde explicou que os paneis informativos instalados consisten nun monolito de presentación do xacemento e unha mesa con información sobre as características do petróglifo, parte "importante" do patrimonio arqueolóxico vigués.
Precisamente sobre o patrimonio cultural e arqueolóxico da cidade, Abel Caballero manifestou que Vigo ten unha "gran capacidade de desenvolvemento" neste ámbito, que presenta derivadas tamén turísticas, e a actuación no petróglifo da Laxe, en Sárdoma, forma parte do comezo da "reactivación" deste patrimonio vigués.
Descargar todas as imaxes