Concello e Deputación selan un acordo co Marisquiño para que se celebre en Vigo os próximos catro anos
Abel Caballero, Carmela Silva e Carlos Domínguez Pity presentaron esta mañá un acordo que permitirá que 0'Marisquiño permaneza en Vigo os seguintes catro anos. Neste 2016, este festival arrincará a súa XVI edición o próximo 12 de agosto con máis deportes e novos espazos públicos.
O próximos catro anos Vigo seguirá a ser a sede do festival de cultura urbana e deportes de acción referente a nivel mundial. Un acordo a tres bandas entre Concello de Vigo, Deputación de Pontevedra e a organización de O'Marisquiño garante o enraizamento na nosa cidade dun "dos grandes eventos deportivos máis importantes de España e Europa", dixo Abel Caballero na presentación do acordo, na que tamén participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o organizador, Carlos Domínguez, Pity. Grazas a esta gran alianza a tres bandas, engadiu o rexedor- os próximos 12, 13 e 14 de agosto Vigo vai contar coa XVI edición dun festival que non deixou de crecer movilizando cultura e deporte desde que arrincou, hai quince anos no monte de O Castro.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación encadrou o apoio a O'Marisquiño dentro dunha estratexia turística para promocionar as Rías Baixas que "parte dunha visión innovadora na cidade máis importante da provincia". Cualificou a cidade dun entorno "moderno e vangardista, unha sociedade de talento e ideas e unha administración moderna ten que estar ao lado das ideas talentosas", enfatizou. Este festival ten un público obxectivo que oscila entre os 15 e os 40 anos, un sector de poboación moi importante para ser tido en conta á hora de facer oferta cultural e de ocio. Destacou o retorno económico de O'Marisquiño "incalculablemente maior que a achega que realizamos desde as administracións" e rematou augurando o éxito deste evento "porque Vigo é garantía de que todo o que se pon en marcha sae extraordinariamente ben".
Desde a organización, Carlos Domínguez Pity explicou que este acordo entre Concello e Deputación permitirá abordar un novo plan estratéxico a catro anos o que lle permitirá avanzar na internacionalización para converterse en líderes mundiais en action sports e cultura urbana. Ademais de avanzar que este ano haberá novos deportes e novos espazos, destacou o importante retorno económico do festival na cidade, ademais confirmar que se contratará a profesionais preferentemente de Vigo e da provincia, ademais promocionar o entorno de Vigo, incluídas as Illas Cíes por todo o mundo.
Tal e como se detallou na rolda de prensa a colaboración da Deputación pasou de 120.000 a 150.000 euros, mentres que o Concello achega 82.000 euros aos que hai que sumar a cooperación en seguridade, cesión de espazos e outros servizos públicos como limpeza.
Descargar todas as imaxes